logo biblio

logo biblio

jueves, 17 de diciembre de 2015

Celebrando o Nadal: Visita á Residencia de anciáns de Rubiá


Como todos os anos nestas datas visitamos a Residencia de anciáns da localidade, onde representamos as cancións, obras de teatro, bailes, etc que  temos preparados para o Festival de Nadal. 
Sempre nos acollen con moito cariño e invitannos a unha merenda deliciosa!!

Representacións de cancións e bailes




Musical de Greease



Interpretación de cancións en inglés



Coreografía: "Bajo el mismo sol"

                                           
Obra de Teatro: " Os cegos e o elefante"




Tamén fomos entrevistados por Radiovoz


Que rica merenda!!

domingo, 13 de diciembre de 2015

Concurso escolar "La Región": O alumnado de 2º de primaria participou co traballo "MUSICLAJE SENSORIAL"

A través do material de reciclaxe elaboraron un barco cheo de instrumentos musicais: maracas, frautas, guitarra, piano,..., neste traballo podemos ver o seu interesante caderno de bitácora onde narran a existencia de moito lixo nos océanos, e pensan en recollelo para contruir os seus instrumentos musicais, e desta forma levar a música a todos os continentes do planeta.





miércoles, 25 de noviembre de 2015

domingo, 22 de noviembre de 2015

Concurso escolar "La Región": @s alumn@s de 1º elaboraron o traballo: "Surcando los Cielos"

É un excelente traballo de investigación sobre as Aves: as súas características físicas, como se reproducen, como se alimentan, para qué podemos utilizar as plumas, construíron a súa ave-mascota, etc...
Ademáis pasáronno xenial !!







viernes, 20 de noviembre de 2015

20 de Novembro, "Días dos Dereitos dos Nenos" ¿Un mismo planeta?

Vimos un pequeno vídeo sobre uns extraterrestres que observan o planeta Terra e ven o que ocorre en diferentes países do mesmo
¿Un mismo planeta?


                               














domingo, 25 de octubre de 2015

Día das Bibliotecas escolares

O luns 26 de Outubro celebramos o 
"Día da Biblioteca" 



Presentáronse os Colaboradores da biblioteca, que son @s alumn@s de 5º e 6º de primaria que explicaron as súas funcións e recordaron as normas da biblioteca.


Como outros anos levaremos a cabo a actividade da 

Mochila Viaxeira en cada aula.


Este ano para conmemorar o Dia das Bibliotecas, e coincidindo coa semana de Samaín, cada aula investigou sobre una "personaxe de medo", buscaron información sobre o seu orixe, características, e fixeron un debuxo e fixeron contos, obras de teatro, etc inventados por eles sobre eses personaxes.

E.INFANTIL

O personaxe elexido foi "A Bruxa", neste caso puxéronle o nome de "Catuxa",e  elaboraron un pequeno conto e un mural que decoraron conxuntamente.





1º E 2º DE PRIMARIA

Elexiron o "Trasno", buscaron información sobre este ser fantástico e prepararon unha obra de teatro relacionada co Samaín e co Trasno, que representaron para tod@s nosotros.





Obra de teatro de 2º e 3º de Primaria titulada 
"Indo para o Samaín"






3º e 4º de PRIMARIA


O personaxe que traballaron foi o "Sacauntos", un ser "asustanenos", e contáronnos tamén quen foi "Romasanta" e as lendas que os realacionan.


                                     


  


5º e 6º de PRIMARIA

Elaboraron o traballo sobre "A Santa Compaña", lenda pertencente á mitoloxía popular galega que consiste nunha procesión de ánimas, elaboraron un mural representativo, e un conto inventado por eles.









domingo, 7 de junio de 2015

Proxecto Interdisciplinar: "A LUZ", O ANO 2015 é o "Ano Internacional da Luz", e todas as aulas o traballamos dende distintos puntos de vista

A través deste proxecto os nen@s investigaron sobre o tema dende a biblioteca, aprendendo a aprender. Todos os traballos elaborados polos distintos cursos expoñense en diferentes murais. 
·         
E. INFANTIL

Traballaron “A Luz artificial” colorearon uns debuxos de velas e os
recortaron, poñendo papel de celofan amarelo na chama, e colocaron unha lanterna detrás para comprobar como pasaba al Luz, e despois fixeron un mural.



·        1º e 2º CURSOS DE PRIMARIA

investigaron sobre “A LUZ NA NATUREZA”, a súa importancia e como inflúe en todos os  seres vivos. Decoraron o pasillo que leva a súa aula como se fose plena natureza.



Tamén realizaron diferentes experimentos relacionados coa LUZ (como crear con diferentes tipos de pinturas, un frasco que brille na oscuridade e participaron no Concurso Escolar do periódico “La Región” :“Elabora o Teu Xornal, “Que se haga la Luz”





Destacar, que con este traballo de investigación sobre a LUZ, @s alumn@s de 2º de Primaria gañaron o concurso escolar do diario "La Región" na súa categoría, grazas ao seu esforzo e o traballo guiado da súa titora.





 3º e 4º CURSOS DE PRIMARIA

·         3º e 4º cursos traballaron “A LUZ NO SISTEMA SOLAR”, investigaron sobre os diferentes astros que componen o S. Solar, uns con luz propia e outros non, e utilizaron as tres linguas: Inglés, castelán e galego. Despois representáronno nun mural












 5º e 6º CURSOS DE PRIMARIA


·       Traballo de investigación “A LUZ NOS TEMPOS”, é dicir, que tipos de Luz existiron e existen;  e a súa importancia nas diferentes etapas da humanidade (Prehistoria – I. Antiga – I. Media – I. Moderna – I . Contemporánea). É un tema que á vez están traballando nas áreas de Sociais (5º) e Coñecemento (6º).