logo biblio

logo biblio

domingo, 28 de octubre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado dia 24 de outubro celebramos na escola o DIA DAS BIBLIOTECAS, que xurde da Asociación Española de Amigos do libro Infantil e xuvenil no ano 1997.
Foi así que organizamos unhas actividades coa finalidade de  educar ós nenos e nenas nos valores da lectura e cultura e de facer uso da biblioteca como algo útil e gozoso para todos.
E que mellor maneira de celebralo que vendo as actividades que levamos a cabo; vamos facer un pequeno percorrido por cada unha delas.
¡Esperamos que vos gusten!
UNHA MANEIRA DIFERENTE DE LER: LECTURA SILENCIOSA SOSTIDA. PARA ESO ESCOLLEMOS CONTOS ALUSIVOS A NATUREZA, XA QUE O PROXECTO QUE ESTAMOS A LEVAR A CABO É SOBRE A MESMA: OS SEUS PAISAXES, ANIMAIS, PLANTAS, ETC








AS COLABORADORAS E COLABORADORES DA BIBLIOTECA FIRMARON O SEU CONTRATO DE COMPROMISO E RECIBIRON UN PEQUENO AGASALLO, UNHA MEDALLA, Ó IGUAL QUE TÓDOLOS NENOS E NENAS-UN MARCAPÁXINAS









E COMA A NOSA MASCOTA É UNHA ÁGUIA. CHAMADA AGUILÓN, POIS QUIXEMOS FACERNOS UNHA FOTO TÓDOLOS NENOS E NENAS E TAMÉN OS MESTRES E MESTRAS NUN PHOTOCALL.









E XA PARA REMATAR, OS NENOS E NENAS, EN EQUIPOS, CREARON OS SEUS PROPIOS CONTOS A PARTIR DE CONTOS CLÁSICOS COMA: CARAPUCHIÑA VERMELLA. O PARRULIÑO FEO, ETC PERO TAMÉN CONTOS EN CASTELÁN E INGLÉS COMA : THE THREE LITTLE PIGS, EL GATO CON BOTAS, ETC   ESTES CONTOS QUEDARÁN NA NOSA BIBLIOTECA.

E VELAÍ VOS DEIXO AGORA UN VIDEO RESUMO DESTA XORNADA:



sábado, 20 de octubre de 2018

COLABORADORES DA BIBLIOTECA DESTE PRIMEIRO TRIMESTRE

¡BENVIDOS Ó NOVO CURSO ESCOLAR 2018-2019! 


No que se refire á dinámica da biblioteca, comezamos este curso escollendo ós colaboradores e colaboradoras da biblioteca, e para eso levamos a cabo un divertido concurso de preguntas e respostas relacionadas coa organización e funcionamento da nosa biblioteca escolar, donde gañaron aqueles que máis respostas acertaron e  polo que serán éstes os axudantes de biblioteca.
Ademáis chegounos unha noticia no xornal de gran interese para a nosa comunidade educativa; pois descubrimos que na biblioteca agochábase un ave, a cal acollemos coma a nosa mascota da biblioteca e puxémoslle un nome entre todos.
A partir de agora será a mascota a que nos comunique toda a información relevante da biblioteca a través de distintas mensaxes: notas, pancartas, vídeos, etc
E velaí tedes os resultados desta experiencia tan divertida: 






LEYRE E CLAUDIA FORON AS PORTAVOCES DOS SEUS CORRESPONDENTES  EQUIPOS E VELAÍ VEDES QUE FORON AS GAÑADORAS. NORABOA!!!




POIS SIIIII, ESA É A NOSA MASCOTA: UNHA AGUIA