logo biblio

logo biblio

jueves, 28 de octubre de 2021

SAMAÍN

Recomendacións terroríficas de nosa biblioteca para este SAMAÍN. 
👻  Temos novas adquisicións de Ledicia Costas para temblar de medo... 👻

sábado, 23 de octubre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Para conmemorar o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES, comezamos a ler esta semana un libro por aula, incidindo no traballo de valores como amizade, medos, respecto, procura de identidade, igualdade,... Despois o alumnado traballou e creou sobre o libro correspondente, diferentes debuxos e imaxes coas cales montar un pequeno vídeo. Pretendemos así, acadar o obxectivo de darlle voz aos libros da nosa biblioteca fora das paredes do colexio para desarrolllar o lema deste curso 2021-2022: "A BIBLIOTECA TEN A PALABRA"

Estes foron os resultados: AULA VERDE: AULA AMARELA: Os medos. AULA AZUL: Conto de Pituca de Tania Suárez e Irene Mira.


AULA VERMELLA: Nin un
biquiño á forza de Marión Mebes.



Esperamos que vos gustaran tanto como a nós preparalos.

lunes, 18 de octubre de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS.

A semana pasada estivemos a traballar a obra de catro autoras galegas para hoxe conmemorar o DÍA DAS ESCRITORAS. Cada titor/a escolleu unha autora que se traballará ao longo de todo o trimestre. As nosas favoritas foron: 

- Mª Vitoria Moreno en infantil. 

- Rosalía de Castro en 1º e 2º de primaria. Escollendo a súa poesía: "Adeus ríos, adeus fontes..." 

- Ledicia Costas en 3º e 4º xa coa idea do Samaín, escolleron a serie dos Minimuertos, recentemente adquirida para a nosa biblioteca escolar. 

 - Fina Casalderrey e o seu "Misterio dos fillos da lúa" para o alumnado de 5º 6 º.

 

Desde a BIBLIOTECA fixemos estas suxerencias: