logo biblio

logo biblio

domingo, 25 de octubre de 2015

Día das Bibliotecas escolares

O luns 26 de Outubro celebramos o 
"Día da Biblioteca" 



Presentáronse os Colaboradores da biblioteca, que son @s alumn@s de 5º e 6º de primaria que explicaron as súas funcións e recordaron as normas da biblioteca.


Como outros anos levaremos a cabo a actividade da 

Mochila Viaxeira en cada aula.


Este ano para conmemorar o Dia das Bibliotecas, e coincidindo coa semana de Samaín, cada aula investigou sobre una "personaxe de medo", buscaron información sobre o seu orixe, características, e fixeron un debuxo e fixeron contos, obras de teatro, etc inventados por eles sobre eses personaxes.

E.INFANTIL

O personaxe elexido foi "A Bruxa", neste caso puxéronle o nome de "Catuxa",e  elaboraron un pequeno conto e un mural que decoraron conxuntamente.





1º E 2º DE PRIMARIA

Elexiron o "Trasno", buscaron información sobre este ser fantástico e prepararon unha obra de teatro relacionada co Samaín e co Trasno, que representaron para tod@s nosotros.





Obra de teatro de 2º e 3º de Primaria titulada 
"Indo para o Samaín"






3º e 4º de PRIMARIA


O personaxe que traballaron foi o "Sacauntos", un ser "asustanenos", e contáronnos tamén quen foi "Romasanta" e as lendas que os realacionan.


                                     


  


5º e 6º de PRIMARIA

Elaboraron o traballo sobre "A Santa Compaña", lenda pertencente á mitoloxía popular galega que consiste nunha procesión de ánimas, elaboraron un mural representativo, e un conto inventado por eles.