logo biblio

logo biblio

domingo, 7 de junio de 2015

Proxecto Interdisciplinar: "A LUZ", O ANO 2015 é o "Ano Internacional da Luz", e todas as aulas o traballamos dende distintos puntos de vista

A través deste proxecto os nen@s investigaron sobre o tema dende a biblioteca, aprendendo a aprender. Todos os traballos elaborados polos distintos cursos expoñense en diferentes murais. 
·         
E. INFANTIL

Traballaron “A Luz artificial” colorearon uns debuxos de velas e os
recortaron, poñendo papel de celofan amarelo na chama, e colocaron unha lanterna detrás para comprobar como pasaba al Luz, e despois fixeron un mural.



·        1º e 2º CURSOS DE PRIMARIA

investigaron sobre “A LUZ NA NATUREZA”, a súa importancia e como inflúe en todos os  seres vivos. Decoraron o pasillo que leva a súa aula como se fose plena natureza.



Tamén realizaron diferentes experimentos relacionados coa LUZ (como crear con diferentes tipos de pinturas, un frasco que brille na oscuridade e participaron no Concurso Escolar do periódico “La Región” :“Elabora o Teu Xornal, “Que se haga la Luz”





Destacar, que con este traballo de investigación sobre a LUZ, @s alumn@s de 2º de Primaria gañaron o concurso escolar do diario "La Región" na súa categoría, grazas ao seu esforzo e o traballo guiado da súa titora.





 3º e 4º CURSOS DE PRIMARIA

·         3º e 4º cursos traballaron “A LUZ NO SISTEMA SOLAR”, investigaron sobre os diferentes astros que componen o S. Solar, uns con luz propia e outros non, e utilizaron as tres linguas: Inglés, castelán e galego. Despois representáronno nun mural












 5º e 6º CURSOS DE PRIMARIA


·       Traballo de investigación “A LUZ NOS TEMPOS”, é dicir, que tipos de Luz existiron e existen;  e a súa importancia nas diferentes etapas da humanidade (Prehistoria – I. Antiga – I. Media – I. Moderna – I . Contemporánea). É un tema que á vez están traballando nas áreas de Sociais (5º) e Coñecemento (6º).